Volve o cine con "El origen del planeta de los simios"

venres 16 setembro 2011

Tras o éxito de El planeta de los simios (1968) rodáronse inmediatamente as continuacións. A cuarta das cinco entregas, La rebelión dos simios, era unha impactante película que mostraba a relación entre un humano e o simio Cesar, ao que rescatara dun circo, e que se convertería en xefe dos da súa especie, ata entón oprimidos polo home. Agora, o británico Rupert Wyatt -que obtivo certa notoriedade co filme carcelario de fugas The Escapist- dirixe esta versión libre daquela cinta, que aínda que parte dun punto de partida similar, e xira en torno ao mesmo mono, Cesar, ten un guión completamente diferente.

Will Rodman é un apaixonado científico que experimenta con simios medicamentos que poderían acabar co alzheimer e as enfermidades neuronais. En concreto, unha femia á que chama Ollos Claros desenvolve tras ser tratada un enorme coeficiente intelectual en pouco tempo, pero finalmente por un efecto inesperado, o animal vólvese violento e debe ser abatido a tiros. A empresa decide sacrificar a todos os primates, pero Rodman leva en segredo ao fillo de Ollos Claros, ao que chamará Cesar, e que co tempo desenvolve as súas neuronas de forma sorprendente. Ao mesmo tempo, o científico propónse inxectar o fármaco ao seu pai, cada vez máis afectado pola demencia senil. 

Ano de producción: 2011 País: EE.UU. Dirección: Rupert Wyatt Intérpretes: James Franco, Tom Felton, Andy Serkis, Brian Cox, Freida Pinto, John Lithgow Argumento: Pierre Boulle (inspirado na novela "El planeta de los simios") Guión: Rick Jaffa, Amanda Silver Música: Patrick Doyle


No TLO o venres 16 (20h e 22h30), sábado 17 (17h, 20h e 22h30), domingo 18 (17h e 20h) e luns 19 (22h30)






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado