As películas da semana: London River e Vincere

luns 13 setembro 2010

Dúas películas chaman a nosa atención esta semana. A primeira delas, programada polo cine club "Groucho Marx", é London River, o filme do director  Rachid Bouchareb que reflexiona sobre as repercusións dos actos terroristas sobre as súas vítimas, situando a acción no contexto dos atentados de xullo de 2005 en Londres. Poderá verse ás 20h30 e ás 22h30 do xoves 16 no Teatro Lauro Olmo.

Do venres 17 ao luns 20 no TLO (venres 20h e 22h30, sábado 17h, 20h e 22h30, domingo 17h e 20h e luns 22h30) proxectarase Vincere, de Marco Bellocchio. O veterano director italiano conta un episodio pouco coñecido da biografía de Mussolini: a relación sentimental que mantén con Ida Dalser, coa que casa e ten un fillo, Benito Albino, que logo serán repudiados, nai e fillo, polo duce que tratará de borrar calquera pegada desa relación, cando casa con Rachele Guidi, a súa lexítima aos ollos de todos. A película retrata con crueza ao lider fascista italiano, un animal sen sentimentos, un monstro no que non cabe un chisco de humanidade.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado