Pelos na lingua, de Talía Teatro, unha comedia sobre os usos do galego

martes 22 novembro 2011

Talía Teatro presenta no Barco “Pelos na lingua” unha creación do propio grupo dirixida por Avelino González e interpretada por Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez. unha reflexión en clave de humor sobre a situación da nosa lingua na sociedade actual, dirixida a todos os públicos e cunha duración de 55 minutos. Este venres 25 de novembro a partir das 21 horas no TLO.

Esta obra de teatro trata sobre os usos da lingua galega e vai destinada a todo o mundo: aos galegofalantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, todos e todas.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado