Esta fin de semana recala no Barco o programa Bocaberta

martes 23 novembro 2010

Trátase dunha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre os adolescentes. As actividades que conforman Bocaberta están elaboradas desde os intereses dos mozos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra.

Esta fin de semana terán lugar no Barco dúas destas accións que xiran arredor da música pop: 

O venres 26 a partir das 17 horas no Teatro Lauro Olmo terá lugar un obradoiro de hip hop seguido dun concerto do grupo Azou, de nova creación. 

Detrás da canción é outro obradoiro, organizado en colaboración con Eme2, que está destinado a aprenderlles aos mozos como crear, gravar e difundir música en galego cos recursos que ofrecen as
tecnoloxías da información e da comunicación. O taller terá lugar o sábado 27 ás 18h no Telecentro e a continuación, ás 20h no TLO un concerto do grupo The Homens.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado