A exposición "1949-1989. Grandes momentos do baloncesto no Barco" recollida en vídeo

mércores 23 novembro 2011

A exposición "1949-1989.Grandes momentos do baloncesto no Barco" que se pode ver ata final deste mes no Centro Comarcal de Valdeorras deu orixe a elaboración deste vídeo onde se conta a historia da práctica deste deporte na nosa vila ao longo de corenta anos. O documental foi realizado por Gustavo Docampo, con Paco Campos na locución, por iniciativa da Concellaría de Cultura do Barco e foi presentado nas pasadas festas do Cristo, logo de algúns axustes e de novas incorporacións no material gráfico e narrativo, ponse arestora a disposición de todos os interesados a través de internet.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado