Águila Roja, aventuras dun heroe na España imperial

mércores 15 xuño 2011

“Águila Roja: La película” sitúanos na vila, onde se vai a celebrar unha cimeira do máis alto nivel, á que asistirán as potencias máis importantes do momento: Francia, Inglaterra, Portugal e o mesmísimo Papa. Aínda que estes países forzaron o encontro coa escusa de buscar a paz entre españois e lusos, os motivos reais son asaltar o Reino de España. Para asegurar o éxito do complot, no que a Marquesa de Santillana será unha peza crave, contratan a un sanguinario cosaco para acabar con Águila Roja. O noso heroe consegue vencer ao rufián pero na pelexa o seu fillo Alonso resulta ferido e iso provoca que Águila Roja decida abandonar a loita pola xustiza. Desta forma, tanto a vila como o Rei e todo o reino quedan a mercé dos traidores?

Película: Águila Roja: La película. Dirección: José Ramón Ayerra. País: España. Ano: 2011. Xénero: Acción, drama histórico. Interpretación: David Janer (Águila Roja/Gonzalo de Montalvo), Javier Gutiérrez (Sátur), Francis Lorenzo (comisario), Inma Cuesta (Margarita), Myriam Gallego (Marquesa de Santillana), Santiago Molero (Cipri), José Ángel Egido (Cardenal), Martina Klein (Beatriz), Antonio Molero (Mateo), Guillermo Campra (Alonso), Pepa Aniorte (Catalina). Guión: Pilar Nadal, J.M. Ruiz Córdoba e Guillermo Cisneros. Produción: Daniel Écija. Música: Daniel Sánchez de la Hera. Fotografía: Adolfo del Casar. Duración: 122 min. Non recomendada para menores de 12 anos.

No TLO, o venres 17 (22h30) sábado 18 (20h e 22h30) domingo 19 (20h) e luns 21 (22h30). Continúa a infantil "Río" na primeira sesión do sábado e domingo (17h)






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado