Lauro Olmo

venres 03 setembro 2010

Lauro Olmo Gallego naceu o 9 de Novembro de 1922 no Barco de Valdeorras e morreu en Madrid o 19 de xuño de 1994. Autor de libros de poesía, contos e novelas, destacándose sobre todo como autor de teatro popular. Foi socio do Ateneo de Madrid. Iniciouse escribindo poemas e narracións curtas. No ano 1962 estreou a súa obra de teatro "La camisa", onde reflectiu o problema da emigración e a sociedade do momento. Outras das súas obras son "La pechuga de la sardina" (1962), "La noticia" (1963), "English spoken" (1968) e "Pablo Iglesias" (1983). Tamén fixo versións do teatro de Bertol Brecht e, xunto coa súa esposa Pilar Enciso, escribiu unhas obras para nenos, como "El león engañado", "El león enamorado" e "Asamblea general". Encadróuselle na Xeración Realista, recibiu premios teatrais, como o Leopoldo Alas (1955), Elisenda de Montcada (1994), Valle-Inclán, Larra (1962), Nacional de Teatro (1962), Antonio Machado (1986), Álvarez Quintero e Fastenrath (1994), da Real Academia Española.

Retrato de Lauro Olmo por Rosa Serrano Pozuelo
Artigo sobre Lauro Olmo de Francisco Arias Solís