O Teatro Municipal Lauro Olmo

venres 03 setembro 2010

Foi construído  en 1987 no patio do primeiro Grupo Escolar público do Barco como Casa da Cultura e remodelado en 2006 como Teatro. Conta con 275 localidades, 175 en platea e 100 en anfiteatro, e dispón dunha moderna dotación técnica para realizar proxeccións cinematográficas e para a celebración de representacións teatrais, concertos e todo tipo de eventos sociais e culturais. Está situado na rúa da Estación nº 2. Tf: 988320053. e-mail: cultura@concellodobarco.org







 

Equipamento Escénico

venres 03 setembro 2010

Medidas escenario:

  • boca: 10,04 m.
  • proscenio en redondo de 2,07 m.
  • ancho escenario (boca + ombros) : 12,85 m.
  • fondo: 5,50 m.
  • alto: 6 m.
 Estrutura:
 
Sistema de suspensión de elementos escénicos (truss) de estrutura triangular de 30 cm. de lado formando tres rectángulos unidos dando un total de 5,20x10 metros, con 8 varas e os seus elementos de fixación, catro motores de elevación marca Verlinde, modelo VL, para 500 kg., con cadea de 7 m. e o seu sistema de control.
Troneira con dúas barras para fixación de proxectores cubrindo o frontal do escenario.
6 torres de iluminación lateral (burras) de 3 m. de altura, 4 tramos en aluminio negro con travesaños de 50 cm.
 
Iluminación:
 
Mesa de control de iluminación, marca Strand Lighting, modelo MX 24 canles.
Sistema de regulamento de dimmer marca Light Technology, modelo Liberty, 48 canles de 2,5 kw. latiguiños de interconexión de pach.
Instalación eléctrica para os sistemas de iluminación escénica, 4 caixas Harting (2 en escenario e 2 en troneira), conectores tipo Schuko e 8 barras de distribución de iluminación.
  • Proxectores:
14 tipo recorte, ángulos de apertura variables entre 15º e 50º, portafiltros, xogo de 4 cuchillas, lámpada GKV 600.
20 tipo PC, con portafiltros, lámpada de 1000 w. con visera de 4 palas.
12 tipo PAR 64 de 1000 w. con protafiltros e cable de alimentación con clavixe tipo Schuko.
12 Panorama de 1000 w, con reflector asimétrico, con portafiltros.
Textis:

Un pano de fondo negro instalado sobre carril de funcionamento manual.
Catro patas colocadas en alemana e unha bambalina.
Un pano de boca mecanizado á americana
 
Son:
 
Mesa de son marca Yamaha MG 24/14 FX., Ecualizador Behringer 31+31  FBQ3102,
Reprodutor dobre de CD  Pioneer CDJ 3000
Reprodutor de mini-disc
2 micros AKG condensador C1000S
3 micros Shure  SM 58
6x Xirafas  Sennheiser  3135
Dúas caixas autoamplificadas marca DAS, modelo DS 115 A.
Sistema de intercom con 3 auriculares dobres con micrófono, marca ALTAIR.

Solo de PVC para danza:

Supersilvia de 62,72 m2. 7 tiras de 5,70 m., negro-gris.