Ultima hora: suspendido o teatro do venres

mércores 02 novembro 2011

A representación deste venres (Kungfundidos de Bucanero Teatro) foi suspendida no momento no que tivemos noticia de que se ía celebrar un acto electoral, no TLO, na tarde dese mesmo día. 
A representación cambia de día, farase o venres 9 de decembro ás 21 horas.
Desculpade as molestias.

"Kungfundidos" a filosofía oriental de Bucanero Teatro

mércores 02 novembro 2011

Bucanero Teatro presenta este venres no TLO “Kungfundidos” unha peza cómica interpretada e dirixida por Pedro Picos e Xosé Bonome na liña de anteriores traballos seus.

Dous grandes mestres formados en dous mosteiros segredos do Himalaia, descoñecidos para a civilización occidental ensínannos unha nova filosofía que os fixo ser quen son: o Te Likido.

Tras varios anos estudando esta nova filosofía, Bucanero volta ao camiño da ensinanza en clave de humor. Estes dous grandes mestres percorrerán todas as súas andainas para amosarnos a súa orixe desde o principio, a orixe da súa amizade e a orixe e demostración do seu dominio sobre a mente humana.

Venres 4 de novembro ás 21 horas para público adulto.